Ir ao contido

Cobros e facturación

Cobros ao día, sen follas de cálculo

Mensualidades, bonos e pagamentos soltos nun só sitio. Sabes ao momento quen está ao día, canto cobraches este mes e canto falta por cobrar.

Mensualidades e bonos

Tarifas mensuais, bonos de clases e ofertas, cada atleta coa súa. As mensualidades xéranse soas.

Cobrado e pendente

Unha pantalla co que debería entrar cada mes, o que xa entrou e o que falta, atleta por atleta.

Impagos baixo control

Días de graza para seguir reservando e, pasados, o atleta cun pagamento pendente non pode apuntarse a máis clases ata que paga.

Pagamento en liña ou no box

Os teus atletas pagan desde a app con Stripe ou no box en efectivo ou con TPV, e todo queda rexistrado no mesmo sitio.

Panel de RoninBox coa facturación do mes, usuarios activos e próximas clases.

Paso a paso no manual

O manual de axuda explica cada pantalla con capturas e vídeos, en castelán e en portugués.

Vémolo co teu box?

Crea o teu box nuns minutos e próbao 30 días gratis, sen permanencia. Se prefires que cho ensinemos antes, tamén falamos.

Escríbenos por WhatsApp